Quero coller o
lapis do carpinteiro,
para debuxar
a miña vida desde o mércores de cinza,
e trazar os meus desexados camiños da vida.
Quero explorar o
centro do labirinto,
e adentarme no corazón de Xúpiter
observándoo
desde unha estrela distante.
Desexo ser o rapaz
que nunca existiu,
que naceu no sol
do verán,
e medrou lendo memorias
dun neno labrego.
Só quero estar sempre
en Galiza,
ser da familia o
principiño
e atopar a miña casiña, meu lar.
Busco
resolver o crime de Compostela,
os
misterios dos fillos do mar,
para
despois convertelos en historias para contar arredor da lareira.
LARA RODRÍGUEZ SOTO:
Nas Noites de voraces sombras
Andabamos a tan só Tres pasos polo misterio
As Cartas de inverno que me escribiches
Só me serviron para non poderte olvidar
Andaba enredada na Sombra dos teus soños
Mentres só me mantiñas nun Menú de enganos.
Dixéchesme Poetízate
Pero ti ben sabías na Bala perdida en que me convertín
E agora que?
Baleiráchesme por completo coas túas Tristes armas
Quizais o noso non foran esas Cousas
Os once bicos que me deches
Deixáronme en Branco
SARA LÓPEZ COSTA:
Todos somos ,
a caixiña dos rancores .
Vento e chuvia ,
e esquezinme do paraugas .
Aquel agosto do 36 ,
inflamable .
LARA VERDE IGLESIAS:
a caixiña dos rancores .
Vento e chuvia ,
e esquezinme do paraugas .
Aquel agosto do 36 ,
inflamable .
LARA VERDE IGLESIAS:
Fálame
ti,
daqueles
días en que eramos malos,
que escapabamos do mundo e todo era sorrir entre frades
agora somos monecos manexables de
oficina.
As
viaxes máxicas que faciamos
na
maleta só levabamos ganas de comer o mundo
percorrendo todo, río abaixo.
O
que é a vida agora dende que non somos novos,
todo son memorias de cidades sen luz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario