domingo, xuño 04, 2017

Videopoema (3)

Fernando González escolle o poema de Miro Villar “Es doce como o soño degolado…” do seu libro  Ausencias pretéritas




Es doce como o soño degolado,
doce folla de aceiro dun coitelo,
doce como a nudez do carambelo,
doce sangue vermello derramado.

Es doce como o verso encabalgado,
doce palabra libre e pesadelo,
doce como ese son do violonchelo,
doce canto, barítono do agrado.

Es doce como a noite pequerrecha,
doce casa común, tobo futuro,
doce como asubío dunha frecha,

doce zume, morango ben maduro,
doce como o sendeiroi dunha crecha,
doce exaculación a ben seguro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario