O Mar de Aral seca. É unha realidade que as imaxes confirman. O que foi considerado un dos lagos máis grandes do mundo leva medio século secando e agora está practicamente desparecido. O lago tivo 65.000 km2, e está situado entre o norte de Kazajistán e o sur de Uzbekistán.
As consecuencias: a auga, cada vez máis salgada, contamínase, e os residuos do fondo do lago quedan ao aire, voan e esténdese polos campos. Asemade, a temperatura da zona aumenta no verán e baixa no inverno.
Convidámosvos a entrar nas ligazóns para ver as fotografías deste desastre:
Ningún comentario:
Publicar un comentario