Dende o ano 2.000 no IES Laxeiro
trabállase en proxectos que perseguen fomentar hábitos de consumo responsable.
Ó longo de cada curso realízanse actividades relacionadas co comercio
xusto, compra responsable, hábitos
saudabeis, etiquetado, publicidade, etc.
Neste curso ofertáronse obradoiros
sobre banca ética, cooperativismo e soberanía alimentaria, dirixidos ao
alumnado dos ciclos de Administración de empresas e obradoiros de comercio
xusto e consumo responsable dirixidos ao alumnado de 1º de ESO.
O 18 de decembro de 2014 os
departamentos de Administración de empresas, Plastica, EDLG e GALICONS.NET organizaron unha
exposición-venda de productos procedentes do comercio xusto.
Na posta en marcha da
exposición-venda e na colocación de paneis informativos do concepto “soberanía
alimentaria” participou o alumnado do Ciclo Superior de Administración e
Finanzas. Na mesma xornada o alumnado de 4º de ESO puxo á venda doces caseiros
para recadar cartos para a viaxe de fin de curso.
O comercio
xusto é un sistema comercial solidario que persigue o desenvolvemento dos pobos
e loita contra a pobreza e presenta unha alternativa ao comercio convencional.
As súas bases son:
- As condicións laborais e os salarios apropiados: para
que os produtores do sur poidan vivir con dignidade.
- Que non haxa explotación infantil: Asegúrase
de que os produtos non foran elaborados por nenos e nenas.
- A igualdade entre homes e mulleres: Que ambos
reciban un trato e unha retribución económica equitativa.
- O respecto ao medio: Que os produtos se
fabriquen por medio de prácticas respectuosas co entorno no que se producen.
Por iso, o
comercio xusto é considerado coma unha ferramenta de cooperación.
Ademais, o
comercio xusto constitúe un movemento internacional formado por organizacións
do sur e do norte. O seu obxectivo é mellorar o acceso ao mercado dos
produtores máis desfavorecidos e mudar as inxustas regras do comercio
internacional que consolidan a pobreza e a desigualdade mundial.
A soberanía
alimentaria é un concepto que foi introducido con maior relevancia en 1996 pola Vía Campesina
en Roma, con motivo do Cumio Mundial da Alimentación da Organización para a
Alimentación e a Agricultura (FAO).
Enténdese
como a facultade de cada Estado para definir as súas propias políticas agrarias e
alimentarias de acordo con obxectivos de desenvolvemento sostible e seguridade alimentaria. Isto implica a
protección do mercado doméstico contra os produtos excedentarios que se venden
máis baratos no mercado internacional, e contra a práctica do dumping (venta por debaixo dos
custes de produción).
Ningún comentario:
Publicar un comentario