Meses despois, pero ás veces imos lentos....
No IES Laxeiro tamén fomos partícipes na homenaxe ao
fillo ilustre de Lalín Xosé Rodriguez, a quen se lle dedicou o mes da ciencia en
galego.
O pasado 17 de novembro recibimos no noso centro ao
Catedrático do Departamento de Matemática Aplicada da USC e Director do
observatorio astronómico Ramón Ayer, José Ángel Docobo.
Docobo achegou ao alumnado de bacherelato a vida e
obra do matemático de Bermés. Captou a súa atención falando da importancia da
matemática actual e relacionou moitos dos contidos vistos nas aulas coa
xeodesia, campo no que destacou notablemente o Matemático Rodríguez.
No acto contamos coa presenza do Presidente da Real
Academia de Ciencias Miguel Ángel Rodríguez que presentou ao profesor Docobo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario