luns, xaneiro 11, 2016

Con Mini e Mero, novamente

 Mini e Mero estiveron en Lalín non hai moito. Por suposto, alá fomos, escoitalos unha e mil veces nunca é suficiente. E tivemos a sorte de que tamén alí estaba a nosa alumna de 1º de Bacharelato Adriana Cangado Costa, que tivo a ben gravalos. Aquí os tedes, para gozar canda eles tamén vós.
















E xa que vimos do Nadal, recollemos un texto que alí escribiu Mini sobre as panxoliñas texto de Mini no Facebook

As panxoliñas están todas en galego, letra e música. Son de corte polifónico e culto as máis delas. Chaman á visita colectiva ó portal con melodías ledas e logo teñen un nouturnio ou un arrolo fermosísimo.
As melodías dos cantares de Reis recordan moito ó canto gregoriano, con moitos mordentes. Puidera ser que provocados por cantar "acanda a ghaita".

Os cantares de Reis son relatos principalmente de viaxes. O da sagrada familia de Nazaret a Belén, o da fuxida a Exipto, a viaxe dos Reis Magos, esta última de ida e volta. As outras dúas non teñen volta pois son o camiño dunha nova vida.
Están en castelán antigo e son relatos moi fieis ós evanxeos con deturpacións como "Tierras dese rei Candela" que orixinariamente puidera ser "Tierras de Ur y Caldea" ou con infinitivo conxugado ..."para llegharen con día"...
Ese é o significado. É o comezo dun novo ciclo solar. Os Reis regresan ás súas terras por un novo camiño. Todos eles inician unha nova vida.
Tamén arredor dos santuarios nos montes o rito era circunvalatorio arredor da capela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario