Xa o sabedes. Todo o alumnado da ESO tanto do noso centro como do IES Aller Ulloa unímonos na defensa da nosa lingua. E ata saímos na tele!!! Mirade, mirade:
http://www.crtvg.es/informativos/cadea-humana-en-defensa-da-lingua-galega
Tamén na Radio Lalín:
Cadea humana en defensa da lingua propia de Galicia.
Trátase dun acto promovido dende o IES Laxeiro que consistía na conformación dunha cadea formada polo alumnado dos institutos Laxeiro e Aller Ulloa. O encadeamento partiu de cada centro e discorreu polas rúas Luís González Taboada, D e Penatoares. Na rúa Luís González Taboada as mozas e mozos dos centros educativos confluiron, momento no que intercambiaron cadansúas obras literarias escritas en lingua galega.
Cadea e lingua:
No blogue da biblioteca do IES Aller Ulloa tamén contan a actividade deste xeito:
Unha cadea formada por mozas e mozos dos dous institutos de Lalín estendeouse entre os dous centros. De cada unha sairon dous títulos, como agasallo ao outro e semente de reivindicación para todos.
Nós regalámoslle Astronomía a ollo ceibe, o título que representaría o primeiro libro de divulgación científica no noso idioma e que nunca se chegou a publicar pola chegada da barbarie do 36. Esperamos que as novas barbaries non sigan coutando nin da publicación de ciencia en galego, nin da construción de ciencia en galego, e que Galiza sexa unha opción real para quen queira facer ciencia aquí.
O segundo foi Presas fáciles. Leva moitos anos Miguelanxo Prado expresando o seu inequívoco compromiso coa lingua, moitos anos proclamando o seu desexo de ver a súa obra en galego... A cousa vai collendo corpo e os últimos títulos xa saen en galego nas mesmas datas que en castelán. Necesitamos que os nosos creadores de dimensión internacional se impliquen co idioma. Miguelanxo non ten dúbidas.
Recibimos Historia do ADN de Daniel Soutullo e Cantos de poeta de Gelria.
Por suposto, tamén saímos na prensa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario