domingo, maio 08, 2016

Radiación ‘invisible’


Cinco anos despois do accidente nuclear de Fukushima, a radiación persiste en lugares declarados como "seguros". O fotógrafo Greg McNevin  fotografa a contaminación radiactiva existente cunha técnica que amosa a radiación ‘invisible’.
En colaboración con  Greenpeace, McNevin fixo varias fotografías de longa exposición aplicando a técnica de light painting oo pintura con luz.

As barras brancas representan un nivel de contaminación aceptable; as laranxas significan que a radiación excede os niveis permitidos e supoñen un risco para a saúde; as vermellas implican que alí non se pode vivir. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario