O alumnado de 1º de ESO participou nun concurso que ao mesmo tempo que desenvolve a súa creatividade pretende fomentar a alimentación sa. Estas fotos que vos amosamos son de 1º de ESO-B e xa vedes que realizaron suculentas marabillas.
luns, xaneiro 18, 2016
domingo, xaneiro 17, 2016
O centro CRI connosco
Este pasado luns tivemos connosco a María del Pilar Díaz Burgos, do Centro CRI para falar co alumnado de 2º de ESO de violencia de xénero. O tempo non chegou a nada e agardamos que o próximo curso nos acompañe durante máis horas para afondar neste tema que tanto nos preocupa. Deixounos estes vídeos para que os vexades todas e todos:
sábado, xaneiro 16, 2016
Séguese a falar de nós
Helena Villar Janeiro fala do noso Libro do Mal Amor no "Correo Gallego". Tamén no seu blogue http://helenavillarjaneiro.blogaliza.org
LIBRO DO MAL AMOR
Helena
Villar Janeiro
A violencia machista percorre o
mundo de diversos modos nunha escala variada de consecuencias que teñen no cume
o feminicidio. Máis ou menos disimulado ou tolerado pola tradición e polas
leis, o patriarcado sitúa a muller un paso detrás do home. Veño dicindo que, se
superamos esta desigualdade estrutural, no futuro considerararase a situación pola
que pasaron as mulleres -aínda hoxe no mundo que recoñece a igualdade nos
dereitos humanos- máis anómala que a escrivitude da raza negra. As mulleres somos
máis de metade da humanidade e a desigualdade non vén da man de mercadeiros sen
escrúpulos e amos sen consideración, senón do contorno familiar, social e
institucional que nos rodea.
Tan grave eiva só a pode vencer a
educación, que é quen garante os cambios. Pero ha ser unha educación que mostre
a igualdade real de mulleres e homes en todo o seu curriculum oculto, pois non
chega con predicar, que hai que dar exemplo. A aprendizaxe da igualdade
apréndese pola inmersión na igualdade. E niso tense que implicar a sociedade en
xeral, moi particularmente os medios que transmiten valores máis ou menos
ocultos nas mensaxes. O papel da familia é moi importante, máis tamén precisa
que se interveña sobre ela pedagoxicamente por ser unha das grandes herdeiras e
transmisoras dun comportamento viciado por moitos séculos. Neste concepto
globalizador da educación, ten un destacado papel o sistema educativo oficial
en toda a súa complexidade, desde os planos de estudo e a filosofía que os
inspira, ata o trato persoal dos membros da comunidade educativa, pasando polos
programas que desenvolven os planos, os materiais que se utilicen e as actividades
de aprendizaxe que se propoñan.
No contexto de escola educadora
para a igualdade e contra a violencia de xénero, naceu un proxecto colaborativo
no IES Laxeiro (Lalín) da man da profesora Gracia Santorum, que foi
involucrando departamentos e alumnado, arredor da idea do amor en igualdade,
sen dominio nin violencia, na creación literaria a través dunha das
formas-subxénero aparentemente máis sinxela: o haiku. Nestes pequenos poemas
–tres versos de 5, 7 e 5 sílabas- arredor da relación de parella e contra o
maltrato machista, o alumnado foi facendo os seus textos que pasaron a ser
ilustrados por outro alumnado nas clases de educación artística. Ao alumnado
seguírono profesoras e profesores que tamén fixeron o traballo de escribir e
ilustrar haikus contra a violencia de xénero. Finalmente, 42 escritoras e
escritores foron convidados a completar esta obra literaria, ilustrada por Mar
García e Aránzazu Diñeiro. O resultado deste traballo foise mostrando de
diversos modos a outros centros e ao público. Estivo en cartaces, nas redes
sociais e nun blogue. Finalmente foi publicado pola Xunta de Galicia nun libro
fermosísimo na forma, que honra o que o nome do centro representa, e selecto no
contido que pretende transmitir: “Libro do mal amor. Contra a violencia de
xénero”. Moitos parabéns.
venres, xaneiro 15, 2016
As Irmandades da Fala, precursoras da normalización lingüística do galego
En "Mundiario":
Os complexos lingüísticos e culturais están aínda ben chatandos nunha parte da sociedade. Para removelos é preciso unha reformulación dos métodos empregados que nas últimas décadas non foron válidos.
Os complexos lingüísticos e culturais están aínda ben chatandos nunha parte da sociedade. Para removelos é preciso unha reformulación dos métodos empregados que nas últimas décadas non foron válidos.
Descoñécese polo momento o programa de actos que a Xunta de Galicia
vai preparar para celebrar o Ano da Irmandades da Fala a instancias do
Parlamento de Galicia, que aprobou por unanimidade unha resolución para
conmemorar o centenario da fundación daquela organización que procurou
novos espazos para a lingua galega, continuando por outros roteiros o
labor dos homes e mulleres do Rexurdimento.
Tiveron o mérito de elaboraren propostas orixinais (declararar a
soberanía estética de Galicia e avogar pola igualdade de xénero, por
exemplo.), e outras novidosas para normalizar a lingua galega nos usos
administrativos, xurídicos, actividades socioeconómicas, na música, os
espazos de lecer e nas disciplinas científicas. A composición
interdisciplinar dos seus membros fixo posible que as alternativas do
seu discurso abranxese a transversalidade da actividade social. Eran
conscientes de que esta tarefa precisaba dunha pedagoxía cultural audaz
para facer fronte aos tópicos que aferrollaban e tollían a autoestima
do pobo.
En palabras daqueles próceres, ningún tópico tan sobado como o amor a
Galicia. Escoitámolo aínda hoxe a cotío nos máis diversos tons
declarativos, xa sexa para mitigar sentidas protestas de galeguismo, ou
para encubrir a turba apariencia de accións inxustificables.
Vicente Risco cuestionaba os comportamentos dos sectores sociais que
deostaban a cultura galega coa argallada recorrente de que “amaban a
Galicia como el que más”. Velaí o tópico, o clixé, a frase estereotipada
con que todos os malos galegos e galegas queren desimular a falta de
conciencia patriótica. Peña Novo, unha das mentes máis lúcidas do
galeguismo das Irmandades da Fala, fixera o diagnóstico de tales
comportamentos: “son os que teñen medo a manifestárense integramente
galegos; galegos na lingua, galegos na arte, galegos na política;
galegos en todas as afirmacións da nosa vida individual e colectiva.
Medo a ser, nunha palabra, demasiado galegos”.
Os complexos lingüísticos e culturais están aínda ben chatandos nunha
parte da sociedade. Para removelos é preciso unha reformulación dos
métodos empregados que nas últimas décadas non foron válidos. Porque
nunca tivo a lingua galega tantos medios e recursos humanos para
dignificala e normalizala como durante as últimas décadas, e, sen
embargo, os resultados acadados foron máis ben magros. As organizacións
sociais, sindicais e políticas careceron de realismo e foron dadas a
practicaren o victimismo e ocos rituais como medios para acadaren o
obxectivo da galeguización. De aí o fracaso.
ADVERTISEMENT
A
falta de coherencia é outros dos nosos andazos. Imaxinan vostedes a un
gandeiro participando nas concentracións en defensa do sector lácteo á
hora do xantar bebendo viño de Rioja? Pois si, eu presenciei esa
contradición. E tamén a dun grupo de escritores en lingua galega que
despois de participar nunha mesa redonda denunciando o abondono do
sector do libro acuden a mollar a palabra con viños etiquetados en
castelán? Tamén eu presencie ese feito. E que dicir dos que podendo ter
unha escritura de propiedade ou outorgar un testamento en galego
desaproveitan á oportunidade e consinten que llelos fagan en castelán?.
Ou dos que perpetúan nos cemiterios a memoria dos galegos falantes en
castelán?.
As Irmandades da Fala insistiron moito na importancia das conductas
individuais, na fortaleza das conviccións para remover os atrancos e
avanzarmos na recueperación dos nosos sinais de identidade. Estamos en
tempos de mudanzas sociais que nos deben obrigar a artellar novas
maneiras de exercer o maxisterio galeguista con propostas imaxinativas e
integradoras.
xoves, xaneiro 14, 2016
Con Raúl Vacas
Onte visitounos Raúl Vacas. E conquistounos. De que maneira! Todo o alumnado de 1º de ESO, 4º de ESO-A e 4ª Diver aprendeu a amar a poesía de xeito incondicional, porque a poesía tamén ten moito de humor, de amor, de paixón, e de vida cotiá.
mércores, xaneiro 13, 2016
martes, xaneiro 12, 2016
luns, xaneiro 11, 2016
Con Mini e Mero, novamente
Mini e Mero estiveron en Lalín non hai moito. Por suposto, alá fomos, escoitalos unha e mil veces nunca é suficiente. E tivemos a sorte de que tamén alí estaba a nosa alumna de 1º de Bacharelato Adriana Cangado Costa, que tivo a ben gravalos. Aquí os tedes, para gozar canda eles tamén vós.
E xa que vimos do Nadal, recollemos un texto que alí escribiu Mini sobre as panxoliñas texto de Mini no Facebook
As panxoliñas están todas en galego, letra e música. Son de corte polifónico e culto as máis delas. Chaman á visita colectiva ó portal con melodías ledas e logo teñen un nouturnio ou un arrolo fermosísimo.
As melodías dos cantares de Reis recordan moito ó canto gregoriano, con moitos mordentes. Puidera ser que provocados por cantar "acanda a ghaita".
Os cantares de Reis son relatos principalmente de viaxes. O da sagrada
familia de Nazaret a Belén, o da fuxida a Exipto, a viaxe dos Reis
Magos, esta última de ida e volta. As outras dúas non teñen volta pois
son o camiño dunha nova vida.
Están en castelán antigo e son relatos moi fieis ós evanxeos con deturpacións como "Tierras dese rei Candela" que orixinariamente puidera ser "Tierras de Ur y Caldea" ou con infinitivo conxugado ..."para llegharen con día"...
Ese é o significado. É o comezo dun novo ciclo solar. Os Reis regresan ás súas terras por un novo camiño. Todos eles inician unha nova vida.
Tamén arredor dos santuarios nos montes o rito era circunvalatorio arredor da capela.

venres, xaneiro 08, 2016
Calendario do libro e da lectura 2016
Desde a Subdirección Xeral de Bibliotecas, da Secretaría Xeral de Cultura (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), edtítase un cartel co Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2016, no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ámbito para o ano que comeza. A ilustración é de Tania Solla.
xoves, xaneiro 07, 2016
O galego, tamén idioma da ciencia
Artigo publicado en "La Opinión". Incriblemente, en galego.
O xoves 18 de maio de 1916 o alcalde da Coruña, Manuel Casás (Picorete), preparaba un previsor encontro con diversas entidades para as festas de agosto e os veciños agardaban con interese o match do domingo entre os clubes Deportivo e Coruña en Riazor. Nese contexto prácido, só alterado polos ecos da Grande Guerra europea, tivo lugar na cidade un feito transcedente para a cultura e a política de Galicia. O primeiro piso do número 38 da rúa Rego da Auga, local da Real Academia Galega, acolleu unha reunión dun "grupo de entusiastas", segundo cualificou aos partipantes un medio local, para constituír unha entidade que defendera e potenciara o uso do idioma galego, a Irmandade dos Amigos da Fala Galega (IF).
Acudiron á histórica convocatoria persoas de variado perfil ideolóxico, se ben os promotores da iniciativa eran "rexionalistas" progresistas próximos a Manuel Murguía, como Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde, Francisco Tettamancy, Uxío Carré ou os irmáns Antón e Ramón Villar Ponte. Lugrís abriu o acto, os presentes aprobaron os estatutos da nova entidade e foi elixido o Consello directivo anual, formado polo conselleiro 1º, Antón Villar Ponte; 2º, Antón Valcárcel; secretario, Xosé Lamas; tesoureiro Xosé Iglesias Roura; e vogais, Robustiano Faginas e Luis Fernández Mouriño. Ao labor irían sumándose, en postos protagonistas, xente nova como Ánxel Casal, Victor Casas, Xohan Vicente Viqueira, Lois Peña Novo e Alfredo Somoza.
O 28 dese mes de maio tivo lugar a reunión constitutiva da Irmandade de Santiago, nun proceso que se espallou por toda Galicia. En novembro de 1918 xa existían agrupacións en trece localidades, que contaban con 700 afiliados, dos que uns 350 pertencían á da Coruña; en 1931 o número de irmandades chegou a 46.
O perfil da Irmandade da Fala da Coruña
A creación da Irmandade coruñesa foi o resultado de décadas de labor cultural e político, coa especial interrelación e prácticas compartidas entre nacionalistas, republicanos, organizacións obreiras e grupos librepensadores, todos eles unidos tamén no rexeitamento á Restauración. Esa singular conexión, ben estudada por Ernesto Vázquez Souza, acadou numerosas expresións, como o feito de que en 1918, cando se inaugurou o pazo municipal de María Pita, o Concello, dominado polo republicanos, acordara substituír a marcha real polo himno galego. Tamén foi ben significativo o acto desenvolto o 11 de febreiro de 1917 no Casino republicano coruñés para celebrar o aniversario da I República, evento no que Lois Porteiro Garea, presidente da IF local, falou en galego e defendeu a implicación da mesma na loita política, como alternativa diferenciada mais con certa afinidade co republicanismo. Esa intervención determinou a baixa dalgúns afiliados da IF procedentes de sectores conservadores, centralistas e culturalistas e que a empresa editora de La Voz de Galicia, defensora da Restauración, decidira cancelar a impresión do xornal da IF, A Nosa Terra, no seu obradoiro.
O carácter progresista da entidade coruñesa amósase de xeito evidente na pioneira participación de mulleres. Constituiron a Irmandade Fiminina, que en 1918 tiña máis de 200 afiliadas, un número superior ao total de integrantes de moitas irmandades. A defensa da igualdade de dereitos entre homes e mulleres apareceu xa nos primeiros documentos da entidade e tamén no Manifesto da Asemblea Nacionalista de Lugo (1918), inspirado por irmandiños herculinos. Unha declaración que contrastaba coa eliminación desa referencia no grupo das irmandades situadas baixo a influencia conservadora do grupo ourensán-pontevedrés liderado polo elitista Vicente Risco, crítico tamén co positivismo e a "ciencia materialista".
A ciencia nas Irmandades
A cultura científica tivo certa presenza en diversas actividades e publicacións das Irmandades (conferencias, artigos, debates, etc), resultando relevante a posición aberta a esa área do coñecemento por parte dalgúns intelectuais como Xohan Vicente Viqueira, que evitaba limitar o galeguismo ao terreo humanístico e teórico: "Serve a Galicia o que aproveita un salto de auga, o que fai froitificar dobremente un campo, o que crea unha compañía de navegación, o que escribe un poema, pinta un cadro, abre unha escola, fai ciencia".
Os irmandiños participaron activamente nas actividades de contacto coa natureza. Fixérono na Festa da árbore e nas actividades excursionistas, que tiñan unha tradición moi importante na Coruña. A Irmandade incorporouse a ese potente movemento e organizou numerosas "xiras", actividades que mesturaban o ocio coa ampliación do coñecemento da natureza e historia. De feito, xa no artigo 1do regulamento inicial, figuraba entre os seus obxectivos, que a Irmandade "dedicará días festivos a excursións ao campo, para fomentar o amor a este". Nas primeiras foron ao monte de Elviña, "ao pinar que, de lonxe ollado, semella un corazón", coa asistencia do poeta Ramón Cabanillas; a Cambre, "preto do poético río"; e a Pontedeume, "onde foron aclamados polo pobo que levaba ergueita unha bandeira galega, mentras soaba a gaita" (desa excursión procede a foto que acompaña a este episodio, na que aparece un grupo dos asistentes). No labor excursionista tamén incidiu a Escola do Ensino Galego (primeira primaria con ensino do idioma galego e educación bilingüe), creada pola propia Irmandade coruñesa en 1923 e dirixida porMaría Miramontes e o seu marido, Ánxel Casal.
Uso do idioma na ciencia
En coherencia co obxectivo fundacional das Irmandades, a súa principal contribución no terreo da cultura científica foi a loita pola incorporación do idioma galego ao mundo da ciencia. A cuestión tiña un sentido máis cualitativo que cuantitativo, os galeguistas non ignoraban a dificultade da difusión de textos científicos técnicos en galego (non moi diferente á dos publicados en castelán, ou en calquera lingua que non fose, naquel tempo, alemán ou francés, e agora o inglés) pero entendían que o prestixio do idioma esixía o seu uso en todos os ámbitos e rexistros.
O tema non estivo exento de debates. Xa en xaneiro de 1919 A Nosa Terra fíxose eco das declaracións do xornalista e avogado conservador Alfredo García Ramos, director de El Ideal Gallego, nas que o académico correspondente da Real Academia Galega (sic) indicaba que o idioma galego non servía para a ciencia. O redactor do xornal das Irmandades rexeitou a opinión de García, puxo como exemplo o uso do portugués para expresar contidos científicos e rematou afirmando: "Escríbase por un sabio científico unha obra de ciencia en galego e veremos entón si chegan ou non ao mundo culto as súas novidades".
Nese camiño, o coruñés Xaime Quintanilla Martínez, médico con intensa actividade política e fundador da Irmandade da Fala ferrolán, creou a Editorial Céltiga para promover as publicacións en galego. En 1922 convenceu ao seu antigo profesor na Facultade de Medicina compostelán, Roberto Nóvoa Santos, para que dera á luz a súa obra A Santa Compaña. O deseño da portada e os debuxos que acompañan ao texto foron obra do pintor Felipe Bello Piñeiro, un mugardés do Seixo, membro da Irmandade da Fala da Coruña. A obra era de ficción mais incorporou algunhas das consideracións de Nóvoa sobre a xeración do pensamento e a súa transmisión. Semella que o catedrático de Patoloxía mantiña certa relación co movemento irmandiño, pois xa o 15 de Nadal de 1918 interveu en Santiago nun mitin en defensa da pervivencia da Escola de Veterinaria no que, segundo A Nosa Terra, "actuaron as Irmandades da Fala de Santiago e a Coruña". Roberto Nóvoa publicaría outro texto en galego, unha nota moi breve, Das supersticións: o pobo, adiantándose a ciencia, aparecida en 1923 na revista editada en Betanzos, Rexurdimento, Boletín da Irmandade Nacionalista Galega, organización xurdida a partir das Irmandades da Fala.
A revista Nós, editada en Ourense, recolleu diversos artigos relacionados con cuestións científicas. Así, por exemplo, Quintanilla publicou en 1923 un breve texto, Razas loiras e razas morenas, no que pretendía xustificar científicamente as afirmacións raciais que expresara Vicente Risco na súa Teoría do nacionalismo galego (1920).
Seminario de Estudos Galegos
O labor das Irmandades da Fala a prol do uso da lingua no terreo científico atopou a súa maior recepción nas publicacións do Seminario de Estudos Galegos, unha institución creada en 1923 en Compostela por estudantes e algún profesor da universidade. Será precisamente nos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos onde apareza, en 1927, o primeiro artigo científico de tipo técnico escrito en galego: Sobre a presenza da ilmenita nas areas de Galicia. Análisis da ilmenita de Balarés. O autor, Isidro Parga Pondal, que formaba parte da Irmandade da Fala de Santiago, publicará tamén nese mesmo ano, outro texto Análisis da evansita de tres localidades galegas. Estes traballos de Parga foron seguidos na mesma revista por outros, como o de Luís Iglesias Iglesias Aves de Galicia (1927).En anos sucesivos outros autores, como Ramón María Aller, Urbano Losada Martínez, Modesto López Teijeiro ouVíctor Lis Quibén publicarían en diversos medios artigos sobre ciencia en galego.
Xa que logo, aquel "grupo de entusiastas" que se xuntou o xoves 18 de maio de 1916 na rúa Rego da Auga podería observar, como en pouco máis dunha década o idioma propio do país ampliara a súa presenza nunha sociedade que goza do privilexio de dispoñer dun extraordinario patrimonio cultural, a lingua galega.
Excursión da Irmandade da
Fala en Pontedeume (1919),
nunha imaxe na que aparecen sinalados
Francisco Tettamancy (1),
Manuel Lugrís (2),
Jenaro Marinhas pai (3)
Xosé Iglesias Roura (4)

mércores, xaneiro 06, 2016
Herodes do Laxeiro
Vimos de descubrir que onte á noite a Cabalgata de Lalín era máis especial ca nunca, xa que o rei Herodes, o malo da película, estaba interpretado por un dos profes do noso instituto e un dos membros do noso equipo da biblioteca. Vós diredes se sabedes quen é!
martes, xaneiro 05, 2016
O ano das Irmandades
Recollemos este artigo de Brétemas, hoxe 5 de xaneiro, centenario.
Case no abrente de 2016, no que homenaxeamos o 17 de maio a Manuel María e lembraremos o centenario do nacemento dos poetas Miguel González Garcés, Manuel Lueiro Rei e Lorenzo Varela, non podemos esquecer que será tamén o ano das Irmandades da Fala. Unha conmemoración dun centenario histórico: o da creación dunha organización cultural e política que por vez primeira se definía como nacionalista e consideraba a Galicia un suxeito político. As Irmandades supuxeron un xeito novo de entender o país, superador da ideoloxía rexionalista, abrindo un vieiro novidoso para o porvir do país e do idioma e cultura galegas.
Centenario promovido por unanimidade de todos os grupos do Parlamento de Galicia que no pasado mes de abril instaron á Xunta de Galicia a declarar 2016 como “Ano das Irmandades da Fala” e a estabelecer “un programa de actividades conducentes a divulgar o coñecemento do encomiable labor desta organización, animada polo propósito de traballar pola consecución dunha Galicia máis culta, libre, xusta e comprometida consigo mesma”. Centenario que sabemos xa está sendo preparado por institucións como o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega, o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, que anunciaron as primeiras iniciativas do que debería constituír unha gran celebración colectiva.
O xermolo das Irmandades estivo na campaña que Antón Vilar Ponte iniciou o 5 de xaneiro de 1916 nas páxinas de La Voz de Galicia promovendo a creación da Liga de Amigos do Idioma Galego, unha organización concibida para defender, fomentar e dignificar o uso do galego. Respondía así o chamamento que Aurelio Ribalta fixera uns meses antes dende a revista Estudios Gallegos reclamando unha defensa da lingua galega. O 21 de marzo de 1916, Antón Vilar Ponte publicou o folleto Nacionalismo gallego (Apuntes para un libro). Nuestra afirmación regional no que perfilaba un argumentario que situaba o idioma como cerna da identidade galega: “a nosa lingua é o camiño de ouro da nosa redención e do noso progreso: sen a lingua morreremos como pobo, e nada significaremos endexamais na cultura universal”. O 18 de maio Vilar Ponte convocou nos salóns da Academia Galega, daquela radicada na coruñesa rúa de Rego de Auga, unha xuntanza na que vinte persoas acordaron a creación dunha Irmandade dos Amigos da Fala da que o propio Antón sería o seu primeiro conselleiro.
Despois da creación da agrupación coruñesa, no mesmo ano 1916 foron constituíndose con idénticas finalidades de defensa da lingua outras irmandades en Santiago (o 28 de maio, presidida por Lois Porteiro Garea, participante na xuntanza coruñesa), en Monforte, Pontevedra, Ourense e Vilalba, chegando a contar o movemento con duascentas persoas, a maior parte delas intelectuais e profesionais liberais. O proceso delongouse nos dous anos seguintes no que se chegaron a formar até 28 irmandades locais, que agrupaban a setecentos afiliados, ademais das emigrantes radicadas en Madrid, La Habana e Buenos Aires, nas que se organizaban cursos de galego, xogos florais, exposicións e recitais, ademais de incorporar devagariño iniciativas de carácter político. A aparición o 14 de novembro de 1916 do primeiro número do periódico A Nosa Terra, voceiro das Irmandades, publicación galega monolingüe con 2.000 suscritores, unha cifra moi respectable, así como a celebración en Lugo da Iª Asemblea Nazonalista o 17 e o 18 de decembro de 1918, supuxeron a consolidación das Irmandades como o movemento nacionalista galego que, entre outros obxectivos, procuraba a autonomía integral de Galicia, a cooficialidade do castelán e o galego ou o ingreso de Galicia na Liga das Nacións.
Este desenvolvemento do pulo das Irmandades foi parello o das agrupacións e coros folclóricos tradicionais, iniciado en 1915 en Ferrol con Toxos e Frores e Lugo con Cántigas e Aturuxos, e que continuaría no 1916 na Coruña con Cántigas da Terra, en Pontevedra con Foliadas e Cántigas e Mondariz con Agarimos da Terra. Agrupacións musicais que no marco das ideas galeguizadoras das Irmandades, pretendían recuperar o patrón de enxebreza musical nos seus repertorios (alalás, foliadas, muiñeiras…), o emprego de instrumentos tradicionais, o coidado do vestiario dos participantes, a exaltación dos símbolos nacionais (himno e bandeira) e o fomento do emprego da lingua galega.
A celebración deste Ano das Irmandades é unha oportunidade excelente para facer balance dun século decisivo na historia de Galicia e da contribución que fixo o movemento nacionalista. Como tamén o é para valorar o estado actual da lingua, a trabe de ouro das Irmandades, así como para recuperar do esquezo algunhas figuras esenciais daquel pioneiro agromar nacionalista, como a dos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte.
luns, xaneiro 04, 2016
O cazador cazado
Así poderiamos titular esta serie de fermosas fotografías onde os fotógrafos teñen que agardar horas para tirar a mellor foto posible de animais e estes semellan rirse deles. Xeniais.
Sacar una buena foto de animales precisa un buen equipo, conocimiento de sus costumbres, rapidez de reflejos y mucha paciencia, entre otras cualidades. A pesar de ello, grandes profesionales han sufrido en sus carnes, cámara en mano, el cachondeo de algunas de sus presas, curiosas por las costumbres humanas…
domingo, xaneiro 03, 2016
Un libro ao día
A ver se funciona este método para ler un libro ao día que atopamos aquí:
Leer es una actividad que en nuestras sociedades tiene un prestigio singular, un aura en la que se combinan el privilegio que alguna vez fue para las clases que podían costear su aprendizaje y su ejercicio, y también su tendencia hacia lo elevado, lo creativo, aquello que surge cuando el ser humano da más de sí mismo y se expresa por medio del lenguaje escrito. Leer, se dice desde que la lectura se popularizó y masificó, cultiva, amplía los horizontes, enriquece el vocabulario, nos hace más compasivos y otros muchos beneficios positivos que, en efecto, pueden llegar de la mano de la lectura.
Por otro lado, sin embargo, también es cierto que en nuestra época la lectura se ha transformado o, dicho de otra manera, no ha permanecido inmune a cambios decisivos en otros ámbitos que han hecho de nuestro tiempo algo históricamente único. La comunicación y el entretenimiento (dos de los terrenos naturales de la lectura) son muy distintos ahora en comparación con sus expresiones hace 20 o 30 años, así como la educación o la manera en que una persona se acerca al conocimiento especializado. Ahí donde antes alguien tomaba un libro para matar el tiempo ocioso, ahora lo primero que salta a la mano es el teléfono portátil; si antes alguien acudía a una enciclopedia impresa para saber sobre una tribu nómada de Mongolia, ahora el primero en recibir la pregunta es Google.
Curiosamente, a pesar de estos cambios, la lectura no ha perdido del todo su valor y todavía hay quienes se preocupan no sólo por saber, sino específicamente por leer libros. Quizá porque, como decíamos al principio, leer tiene un mérito que en realidad pocas actividades tienen. Sólo que entre el trabajo, la escuela, Facebook y la vida social, parece que queda poco espacio para la lectura; tal vez al final del día, pero como el narrador de En busca del tiempo perdido cuando comienza, apenas tomamos el libro y ya el sueño se apodera de nosotros. Y si lo intentamos en otros momentos del día, pareciera que le perdemos el hilo a lo leído y terminamos por abandonar la empresa.
¿Es posible superar dichas contrariedades y entregarse a cierta lujuria de la lectura para leer tanto como sea posible? Según Conner Habib (de quien hace poco compartimos una peculiar glosa sobre la noción del deseo en psicoanálisis) sí, es posible. Además, con cifras: un libro al día durante todas las semanas del año. ¡Un libro al día! El sueño de muchos, sin duda. En la entrada de su blog en donde publica esto, Habib comparte su método, que traducimos a continuación:
1. Elige los libros que leerás cada semana varios días antes de que la semana empiece.
2. Elige más de siete libros, para que así tengas un margen.
3. En general, elige libros de menos de 200 páginas de extensión.
4. Incluye algunos libros fáciles de leer: obras de teatro, poesía, libros muy muy cortos. En casos desesperados también puedes elegir libros que alguna vez empezaste y que estuviste a punto de terminar.
5. Si quieres leer un libro extenso o si empezaste uno y parece que no lo terminarás antes de que finalice el día, recurre a uno de los libros breves. De esa manera podrás leer en parte el libro extenso pero terminar el corto. Al día siguiente puedes terminar el libro inconcluso.
6. Si tienes que desvelarte para terminar el libro, saca el café y consíguelo.
7. Avísale a tus seres queridos. Pregúntales si les gustaría salir a algún lado para leer contigo o, si quieres involucrarlos en serio (¡y si ellos quieren!), lee para ellos en voz alta, poesía o cuentos cortos.
8. Contempla que en las primeras semanas te tomará un poco ajustarte. Eso significa que quizá te equivoques un poco en tu agenda de trabajo, que quedes mal con algunas personas con quienes habías hecho planes, etc. Eso tendría que ajustarse conforme te acostumbres.
9. Puedes tener 1 día libre a la semana. Pero mejor evita tener 1 día a la semana. Pero si sucede una vez, está bien.
10. No te enredes con que si esta es o no una buena manera de leer libros. Toda la vida lo has hecho de la otra manera: con calma. Ahora estás haciendo algo nuevo.
11. Resiste al menos un mes. Después haz un balance contigo mismo.
¿Qué te parece? Al menos vale la pena intentarlo, ¿no? Más allá de la velocidad o el sentido de acumulación que podría achacársele, al menos en este caso se trata de libros que, dependiendo de tu elección, algo dejarán en ti. Algo imprevisible que sólo obtendrás leyendo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)