Nesta semana
do 8 de marzo (día internacional da muller) estará a disposición da nosa comunidade educativa
a exposición “MIRA TI” .
Consiste nunha
exposición interactiva (cartulinas 3A divididas en temas que se distribúen pola clase, ou por
unha zona visible e transitada do centro educativo)
que contén xogos, imaxes e actividades que estimulan a formulación de preguntas. Os temas que trata son: as
aparencias enganan, verdadeiro ou falso, feito ou opinión, todos menos eu, prexuízos, o chibo
expiatorio e discriminación. Non só se centra en aspectos de estereotipias,
discriminación e prexuízos, ben cara ás mulleres ou outros colectivos.
Desenvolvemento da actividade:
A metodoloxía consiste no visionado das
cartulinas e a realización, de xeito simultáneo, das actividades dun caderno
pequeno ou pasaporte que se entrega ao alumnado que se pode distribuír por
parellas ou de forma individual para realizar a actividade. Unha vez
completado, as respostas exporanse en clase, o que xerará un debate guiado polo
profesor/a para o que tamén contará cun material de apoio (guía didáctica para
docente). Será tamén apoiado pola dinamizadora do proxecto (orientadora).
O material é tanto da Asamblea de
Cooperación Pola Paz como do departamento de orientación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario