Durante o mes de febreiro na asignatura de E.
Plástica e Visual levamos adiante uns obradoiros de creación de máscaras.
O alumnado de 1º de ESO traballou sobre cartón e
con diversos materiais cos que lograron crear texturas visuais e táctiles.
E co alumnado de 3º de ESO o proceso foi un
pouco máis longo, xa que traballaron o modelado dunha máscara en barro co que
despois fixeron un molde en escaiola. Posteriormente positivaron de novo a máscara en
escaiola para finalmente darlle un acabado metálico. Asemade, tamén realizaron
máscaras con outros materiais como a plastilina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario