domingo, maio 24, 2015

Arredor do mundo, con Xurxo Mariño

Como xa dixeramos, o 6 de maio estivo connosco Xurxo Mariño. Unha hora e media moi escasa na que paseamos da súa man arredor do mundo, nun resumo -con ganas de amplialo- de once meses de aventuras, coñecementos, experiencias, vivencias, recordos, fotos, anécdotas... Incrible a capacidade de comunicación deste profesor maxistral que nos deixou pampos. E como nos soubo a tan pouco, agardámolo o ano próximo, para falar... do que el queira, porque con só abrir a boca xa estamos abraiados. Que bo contar cun divulgador científico da súa talla na nosa lingua!
Grazas por compartir os teus soños e realidades, a túa sabedoría e o teu sorriso. Grazas por vires ao noso centro. Grazas polo agasallo da túa palabra. E da túa posterior reflexión.
Se queredes máis, podedes acudir ao seu blogue "Vagamundeando".

(As fotos son de Utrera)






  I Parte:


II Parte:


III Parte:



IV Parte:

1 comentario:

  1. Mil grazas a vós por invitarme a compartir as miñas historias. Moitos bicos!

    ResponderEliminar