Hai días que saen, así, redondos. E redondo foi o día no que recibimos a Mini e a Mero neste centro. Absolutamente todos e todas, profesorado e alumnado, gozou e estremeceu co sons das súas voces. Este 16 de abril permanecerá nas nosas memorias.
Con eles aprendemos da historia musical de noso, dos cantares de cego, das cántigas populares, das panxoliñas de nadal; con eles reafirmámonos no noso amor pola nosa lingua e pola nosa cultura. A sabedoría que os acompaña, o seu bo facer, a súa retranca, a súa dozura, converteron este día nun son galego que nos acompañará sempre.
Moitas, moitas grazas por virdes!
Ningún comentario:
Publicar un comentario