Lucía Aldao e María Lado celebraron connosco o Día do Libro, 23 de abril. Con elas aprendemos que a poesía é divertida, que a retranca defínenos e que son un dos mellores matrimonios literarios que hai no noso pequeno país.
Como é un espectáculo de poesía, o título non é outra cousa máis ca unha metáfora. Quen saiba ver detrás a letra do grupo punk Eskorbuto, esa que reza “mucha policía poca diversión/un error, un error!”, pode xa facerse unha idea clara da actitude coa que nacen os recitais de Lucía Aldao e María Lado.
"Moita poesía, pouca diversión" pretende chamar a atención daqueles que miran a poesía de reollo. Para iso sérvense de tal provocación que só encerra unha verdade: para elas a lectura de poesía non pode ser algo que adormeza o espectador. Partindo deste presuposto, Aldao e Lado presentan un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademais un papel activo. Durante o recital hai música en directo, xogos, historias que rodean os poemas, momentos de reflexión... pero sobre todo hai comunicación poética pura e verdadeira.
Os textos que compoñen o recital son poemas propios, creados polas dúas poetas, algúns inéditos e outros recollidos en libros ou revistas. A música, parte substancial do espectáculo, pona a guitarra e a impresionante voz de Lucía.
E así foi este tamén inesquecible día:
Segunda parte:
Terceira parte:
Tamén na prensa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario