mércores, febreiro 11, 2015

Con Xesús Fraga


Antonte estivo connosco Xesús Fraga, autor do libro que leu o alumnado de 3º de ESO, Reo, publicado pola editorial Galaxia. Xesús falounos de graffitis, de como el amaba ese mundo ata que sentiu o perigo na súa pel pola prohibición de facelos e as posibilidades de que o collesen nunha vila tan pequena como era Betanzos. Ensinounos fotografías que el foi facendo nos seus anos mozos entre todas aquelas persoas que facían graffitis e que el consideraba case coma heroes. Pero tamén nos amosou graffitis que se están a facer arestora, por xente moza, xeracións que o seguiron a el e aos seus compañeiros "escritores". O alumnado non só lle fixo preguntas sobre o libro lido senón tamén sobre ese mundo que nos resulta tan descoñecido e que é unha arte urbana denostada que debería ter un lugar onde realizarse.






Ningún comentario:

Publicar un comentario