xoves, febreiro 26, 2015

Contar é caer da burra

No IES Laxeiro solicitamos e foinos concedido formar parte do Contrato Programa, na súa liña 2B, para a Mellora das Competencias Clave, Mellora da Competencia de comunicación lingüística.
Enmarcados neste proxecto, en 2º de ESO, estamos a realizar un Obradoiro de Comunicación Oral que leva a cabo Celso Fernández Sanmartín baixo a denominación Contar é caer da burra. O alumnado non só practica a lingua galega e mellora a súa competencia oral senón que o está a pasar en grande. A ver se conseguimos algún contador ou contadora profesional desta remesa de estudantado do Laxeiro!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario