O pasado 26 de xaneiro o alumnado de Francés de 3º e 4º ESO tivo a
oportunidade de asistir no Teatro Principal de Santiago á representación da
obra «Le tour du monde en quatre-vingts jours», a cargo do grupo teatral «La
Bohème».
Tratábase dunha adaptación da famosa novela do non menos famoso autor
francés Jules Verne.
Tres fantásticos actores representaron unha multitude de personaxes cun
ritmo frenético que nos permitiu pasar un momento moi divertido.
Nas clases, esta actividade tamén nos deu a oportunidade de aparcar por un
momento os exercicios de vocabulario e de gramática, para meternos de cheo na
obra de Jules Verne e no seu universo repleto de aventuras que nunca pasan de
moda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario