O Morrazo é mar, é unha pequena rocha que se adentra no mar. Outro ano
máis moitos dos centros educativos do Morrazo quixémonos unir para
celebrar a Rosalía e de paso homenaxear a aqueles que durante moito
tempo, xunto con outros colectivos, foron o sostén único da lingua: os
nosos pais, nais, avos e avoas e a ese mar omnipresente nas vidas de
todos os que habitamos esta rocha. Da man de Xose Iglesias, MARIÑEIRO,
mergullámonos na poesía de Rosalía.
(Texto enviado dende o ENDL CEP Sequelo Marín)
Ningún comentario:
Publicar un comentario