luns, novembro 24, 2014

Actividades para o 25 N



Como teredes visto estes días, todo o centro volcouse na loita contra a violencia de xénero. Non hai ningún aviso, ningún cartel, ningún debuxo, que se refira a algo diferente á violencia de xénero. Poesía visual, campañas varias, Haikus, poemas, cancións, libros... todos os corredores están cheíños; mesmo hai diferentes intervencións en distintos recunchos do centro, como os 51 pares de zapatos.
E mañá, como colofón, haberá diversas actividades: unha performance para todo o centro a primeira hora da mañá; esta performance está sobre todo dirixida cara á violencia a idades temperás e incide na destrución do mito do amor romántico e nas medidas que se deben tomar para non caer. A seguir, o alumnado de 1º de ESO-B plantará 51 plantas con flores violeta en representación das mulleres asasinadas.
A última hora, Caspervek Trío, trío musical que nos impactou dende o primeiro momento e do que podemos presumir, xa que un dos seus compoñentes foi alumno deste centro, co seu espectáculo audiovisual "OMNES". Como adianto ao que veremos mañá este vídeo:


Ningún comentario:

Publicar un comentario