A violencia de xénero supón unha das peores lacras sociais que asolagan a nosa sociedade. O noso centro non dá as costas a esta realidade e un ano máis propoñemos unha serie de actividades para previr ao noso alumnado contra este tipo de violencia: unha violencia que no seu comezo pode semellar ata sutil pero que se vai corrompendo co paso do tempo ata ser totalmente destrutiva.
O Libro do Mal Amor constitúe este curso unha das accións máis importantes arredor do 25 de novembro, un día no que se lembra especialmente a todas esas mulleres mortas a mans das súas parellas. Quizais se deba isto a vivirmos nunha sociedade que aínda hogano réxese por patróns de conduta e na que observamos cada vez máis un retroceso nos Dereitos Humanos e un avance da Desigualdade da Muller realmente preocupante. Unha sociedade que favores determinados roles e crea estereotipos.
O Libro do Mal Amor son Haikus contra a Violencia de Xénero: poemas breves (etimoloxicamente, "aquí e agora" de tres versos con 5,7,5 sílabas.
Por que Haikus e non outros poemas? Porque o Haiku pretende acoller o fugaz, o momento, o efémero, para transformalo en eterno. É un poema tan breve que é quen de fotografar ese instante mediante a nosa arma máis poderosa, a palabra. E ese instante, arestora, é a traxedia da violencia de xénero. Tamén Haiku porque é a sinxeleza máis sublime.
Ningún comentario:
Publicar un comentario