mércores, novembro 05, 2014

Día da Ciencia en galego: a música é matemática que se recicla

O Departamento de Música non quixo quedar atrás na celebración do Día da Ciencia, e ofreceu un pequeno recital de música "barata", porque a reciclaxe é fundamental e porque as Matemátias moito teñen que ver co ritmo:
O departamento de Música a través desta actividade pretende pór de manifesto a relación desta área cos matemáticas e coa ciencia.
A maioría dos elementos musicais están fundamentados na lóxica matemática, pero seguramente sexa no ritmo  onde se manifeste de forma máis clara esta relación.
Se golpeamos calquera obxecto ao chou sen dividir o tempo de forma lóxica, o son que producimos resultará desagradable e veremos que o resultado será pouco menos que un ruído molesto. Porén, se golpeamos coas mans ou cuns vasos nunha mesa dividindo o tempo en intervalos lóxicos e matemáticos, o resultado será un ritmo agradable que resultará atractivo para o oínte.
Esta actividade tamén pretende poñer de manifesto que para interpretar música non é necesario facelo con magníficos e caros instrumentos, senón que cuns simples vasos de plástico ou calquera material de refugallo poden interpretarse pezas musicais.


E algunhas fotos: 





Ningún comentario:

Publicar un comentario