Performance contra a violencia de xénero.
Á primeira hora da mañá, para todo o alumnado do centro, e mirando ao ceo para que non chovese, realizamos co alumnado de 2º de Bacharelato unha pequena performance en contra da violencia de xénero. Como adoita sucedernos, tivemos problemas co vídeo (ai, estes problemas técnicos que sempre nos traen de cabeza!) polo que non sabemos se quedará moi clara a proposta: na primeira parte, as mozas ían caendo ao chan, submisas, e na segunda parte, a positiva, erguíanse e alzaban a cabeza desafiante. Esa era a idea.
Ningún comentario:
Publicar un comentario