Vina no Facebook e chamoume a atención como curiosidade. Esta foto foi tomada durante unha pelexa no Parlamento ucraíno. Quen a asina, afirma que é unha obra compositivamente perfecta: a súa potencia visual, a súa gama cromática e o esquema anexo que reflicte a fidelidade da proporción áurea volcada na imaxe convértena nun auténtico paradigama de obra artística.
Claro que todo isto é unha broma...
A min, sinceramente, paréceme que o que hai é unha realidade ben triste onde a palabra non é suficiente. A ver que opinades vós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario