mércores, novembro 05, 2014

Día da ciencia: un éxito



 Cartel do Departamento de Plástica comandado por Arancha (precioso)



Vimos de celebrar este día e aínda non cremos o que vimos: o alumnado de 4º de Diversificación, campión absoluto tecnolóxico!!! Toda a comunidade educativa quedamos sorprendida co bo facer deste grupo, que nos amosou o seu labor no eido da tecnoloxía: a construcións duns robots que nos deixaron anonadados: un que identifica cores, outro que é un can que dorme e ladra, outro que sabe guiarse por un camiño... Toda a mañá serviron de mestres para os grupos que nas horas de titoría se achegaban á súa explicación, comandados polo seu profesor Jorge Fuentes. Asemade, o profesor de Bioloxía explicaba os carteis que lucían alí preto sobre Newton e Matemático Rodríguez.

Unha mañá proveitosa que nos lembrou que a ciencia é, por suposto, galega e en galego.


O equipo


Os espectadores







Os robots

A nova no Faro de Vigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario