O traballo que nos ocupa totalmente estes días vai encamiñado -e encamiñándonos- ao 25 de novembro, un día do que ogallá non tiveramos que falar nunca. En que consiste? Na elaboración d'O Libro do Mal Amor, Haikus contra a Violencia de Xénero. Todo o
alumnado do centro cavilou en forma poética sobre esta lacra que
semella medrar e nunca reducir; asemade, será o alumnado quen ilustrará os haikus para ir dando forma a este libro que pretendemos publicar.
Pero
non contentos con que sexa o alumnado quen escribe, decidímonos a dar
un paso de xigante; de aí veu o atrevemento máis absoluto: pedir a
poetas de noso que contribuísen no noso quefacer. E a súa xenerosidade foi ilimitada.
Hoxe presentámosvos os dous haikus que, pensamos, iniciarán e rematarán o libro: o primeiro será o de Chus Pato, a poeta máis internacional das nosas letras que resulta ser, asemade, compañeira do centro. Todo un honor!
O libro cerrarase co haiku de Carlos Negro, por ser o noso amigo, por ser o noso veciño, por ser a nosa primeira visita deste curso, por ternos introducido na poesía. E, sobre todo, por ser quen primeiro contribuíu á nosa causa.
Se o alumnado traballa arreo, que dicir das nosas compañeiras e artistas Mar García e Aránzazu Diñeiro! Mar é a autora destas ilustracións que hoxe vos amosamos. Aránzazu é a deseñadora da cabeceira e a currante das montaxes. Un luxo telas no centro, a ambas as dúas.
Pouco a pouco, irémosvos amosando o traballo. Hoxe vai un bocado... ben gorentoso, por certo!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario