O
taller con Álvaro Negro foi fantástico. Fixo un percorrido pola pintura ao
longo da historia, dende as covas de Altamira ata o Renacemento e Barroco, para
que o alumnado entendese as principais diferenzas na representación do espazo
e a perpectiva nas distintas épocas, así como a introdución da arquitectura na
pintura. Amosounos como o uso das lentes foi a clave para que os artistas do
Renacemento se aproximasen a un realismo case fotográfico. Así mesmo deu
pinceladas de Arte contemporánea, mostrando imaxes de artistas do noso tempo
interpretando obras clásicas.
En cada grupo dividimos ao alumnado en tres talleres nos que irían rotando. No taller principal todos/as escenificaron unha obra de Rafael "La escuela de Atenas", onde aparecen filósofos como Platón, Aristóteles, Pitágoras,....É a "A escola do Laxeiro" protagonizada polos nosos alumnos/as de 1º de ESO.
Ben, tras fotografalos, proxectamos a súa imaxe na parede, onde un grupo duns 12 alumnos/as comezaron a debuxarse a si mesmos, empregando o claroescuro, facendo un estudo das manchas, das sombras, das liñas,....con carboncillo.
No segundo taller outro grupo duns 12 alumnos/as realizaron debuxos do natural (formas orgánicas e xeométricas / froitas e prismas, conos,...) aprendendo a encaixar, proporcionar e sombrear. Neste grupo tamén traballaron o retrato vendo as proporcións dos diferentes rasgos da cara. Neste taller pretendíase que o alumnado fose consciente no proceso de debuxar facendo un esforzo en observar, analizar, dirixir as liñas, poñer atención, intención, etc....
Por último, un pequeno grupo de 4/ 5 alumnos/as iniciaron unha historia en forma de cómic, na que deron renda solta á imaxinación.
En xeral foi unha experiencia moi positiva, divertida e enriquecedora.

Ningún comentario:
Publicar un comentario