Ao longo do mes de outubro e novembro, e
coincidindo coas efemérides do día
mundial da alimentación (16 outubro) e
día internacional contra o consumismo (25 novembro), realizouse un obradoiro
sobre alimentación e estilo de vida saudable co alumnado de 1º ESO.
Dende orientación elaborouse material
audiovisual no que se lles explicou os elementos que conforman os alimentos
(hidratos de carbono, lípidos, proteínas, vitaminas, minerais…), en que
alimentos se atopan, que aportan ao organismo, que pasa se hai exceso ou
déficit dalgún deles (enfermidades, problemas físicos, sobrepeso, anemia…), as
leis rexen unha axeitada alimentación,lei da adecuación, da cantidade, da
calidade, da harmonía, o exercicio físico e os seus grandes beneficios…
Ademais, traballamos elaborando a nosa pirámide
alimentaria (usando envases de diferentes alimentos cotiáns e clasificándoos
segundo o chanzo no que se atopan, e facendo con recortes de catálogos as
pirámides por grupos…).
Ningún comentario:
Publicar un comentario