Os
días 19 e 23 de novembro, visitounos a Dra. Victoria Aldea do Sergas, para
explicar ao alumnado de 1º e 2º ESO (que participa no programa Clases sen fume)
aspectos do tabaco (componentes, aspectos da publicidade das tabacaleiras…),
valoración do CO na espiración mediante cosimetría ao alumnado, dinámicas sobre
presión grupal…
O
Clases sen fume busca a prevención do consumo de tabaco en alumnoado de 12 a 14
anos, facilitando que sexa coñecedor da problemática asociada ao seu consumo, e
que sexa responsable da súa saúde (aquí inclúense aspectos como coñecer a
influencia da presión de grupo e saber como resistila de forma asertiva, ter
alternativas saúdables ao consumo de tabaco e conduta aditivas/negativas
asociadas, reforza a confianza nun mesmo/a…).
Ademais
cada grupo-clase ten unha serie de actividades a desenvolver durante as
titorías:
-Elaborar un
eslogan, que consistirá nun lema cunha mensaxe positiva orientado á prevención
do tabaquismo e que deberá ser acompañado dunha representación gráfica orixinal (primeiro
trimestre).
-Desenvolver unha actividade creativa en relación coa
prevención do tabaquismo (segundo trimestre).
Ningún comentario:
Publicar un comentario